![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1827 ![]() Montville, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 18 de xullo de 1908 ![]() Montville, Estados Unidos de América ![]() |
Grupo étnico | Pobo mohegan ![]() |
Premios | |
![]() |
Fidelia Ann Hoscott Fielding, nada co apelido Smith o 15 de setembro de 1827 e finada o 18 de xullo de 1908, tamén coñecida como Dji'ts Bud dnaca ("Paxaro Voador"), filla de Bartholomew Valentine Smith (c. 1811 – 1843) e Sarah A. Wyyougs (1804–1868), e neta de Martha Shantup Uncas (1761–1859),[1] foi a derradeira falante coñecida da lingua mohegan-pequot.
Casou cun mariñeiro mohegan, William H. Fielding (nado en 1822 e finado en 1889). Vivían nunha das últimas "casas da tribo", unha cabana de madeira da época das reservas. Era coñecida por ser unha muller de mentalidade independente que estaba ben versada nas tradicións tribais e que continuou falando a lingua tradicional mohegan-pequot durante os seus últimos anos.[2]